As novas tecnoloxías e a educación . Categoría: bloque 2
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes na nosa sociedade. Teñen unha grande rapidez de implantación de xeito xeral, nembargantes, no campo da educación os avances tecnolóxicos chegan de xeito tardío e máis lentamente.
A súa integración no curriculum ten que seguir unha lóxica crítica e reflexiva partindo dos fins que buscamos con esta integración, de acordo con papel das TIC na sociedade, xa que, as TIC poden ter un papel liberador, se se entenden como un servizo público ó que todos teñen acceso, ou un papel opresor, cando son entendidas como mercadorías , ás que só uns poucos teñen acceso e non favorecen a análise crítica promovendo a visión dos grupos dominantes e silenciando as voces discrepantes.
A integración das NNTT no currículum debe favorecer o papel liberador destes recursos, ofrecendo distintas oportunidades para que o alumno seleccione, analice e cree información de xeito responsable, comprometido e crítico.
Como mestres podemos establecer tres tipos de modelos de comunicación nas aulas:
-un modelo baseado nos contidos, que segue o modelo tradicional de ensinanza e no que o docente é o emisor dos contidos e o alumno é o receptor.
-un modelo baseado nos efectos, no que o docente o que busca é modelar a conducta do estudiante. Aínda que o docente é o emisor e o alumno é o receptor, é fundamental a retroalimentación.
-un modelo democrático.
Nas nosas aulas debemos utilizar as NNTT para favorecer un modelo de comunicación democrático, no que tanto o docente como o estudiante sexan emisores e receptores activos de información e que partan dos intereses dos estudiantes que son os protagonistas do proceso de comunicación e emisores críticos de información con poder de decisión sobre o que se ensina.
O docente pode adoptar diferentes posturas fronte as TIC:
-Postura neglixente: é a de aqueles que ignoran o papel das TIC na sociedade. Esta actitude provoca afastamento da escola da realidade dos estudiantes.
-Postura hipercrítica: é a de aqueles docentes que ven as NNTT de forma excesivamente negativa, considerando que poden chegar a sustituílos.
-Postura técnica: é a de aqueles docentes que aínda que utilizan estes recursos nas súas aulas non reflexionan sobre por qué os utilizan e que fins perseguen coa súa integración no curriculum.
-Postura práctica: é a de aqueles docentes que integran as NNTT de forma máis reflexiva nas súas aulas intentando sacar o maior proveito.
-Postura crítica : é a postura de aqueles docentes que ademais de integrar as NNTT de forma reflexiva para favorecer modelos comunicativos democráticos e aprendizaxes significativas , reflexionan de forma crítica sobre o papel das TIC na sociedades conscientes da estreita relación entre a escola e a sociedade.
Se integramos as TIC no currículo seguindo un enfoque crítico e co fin de favorecer o papel liberador destes medios na educación e na sociedade é necesario introducilos como:
- recursos educativos, que poden clasificarse en base á súa utilización (máquinas de ensinar e ferramentas para aprender) , á súa función( información, creación e expresión, comunicación,aprendizaxe,…) e á súa procedencia(aplicacións ofimáticas, software educativo comercial, produccións noutros soportes,produccións elaboradas polos propios docentes,…)
- obxecto de estudio, xa que o docente debe ensinar ó estudiante a utilizar
adecuadamente as NNTT, tanto a recibir como enviar , crear ,seleccionar
e analizar de maneira crítica a información que transmiten.
- axente educativo, posto que as NNTT son potentes medios de socialización do estudiante fora da escola, por iso debemos introducilos nas aulas, para poder incrementar as súas posibilidades educativas e reducir os efectos que poidan ter na educación informal do estudiante.
Un exemplo da integración das TICs na escola: Reflexión sobre a web
Outra das funcións que van desempeñar os mestres é a relacionada coa elaboración dos medios, materiais e recursos, así coma os entornos de aprendizaxe adaptados ás características dos seus estudiantes. Estes materiais non serán elaborados só de xeito individual, senon en colaboración doutros compañeiros implicados no proceso ou con outra serie de expertos. O mestre terá que aprender a traballar en equipo con outros profesionais
O mestre vai xogar un papel importante no deseño de experiencias de aprendizaxe para os estudiantes ,en ofrecer unha estructura inicial para que os alumnos comecen a interaccionar, en animar ós estudiantes cara o autoestudio
Un exemplo de utilización das TIC no ámbito educativo o temos no CRA de Ponteceso , que recibiu un premio á innovación pola aplicación das TICs ao proceso educativo, creando unha pizarra interactiva na que participan nenos de 3-7 anos e se desenvolven tres tipos de de actividades : iniciais , de desenvolvemento e finais. Cada ano elaboran actividades novas partindo do contorno do alumnado e amplíase o número de centros participantes. Establecense quendas polas que cada 3 ou 4 semanas a ferramenta estaría nunha escola diferente.
O CRA tamén ten unha páxina web na que aparece definida a súa identidade , quen son , como é o seu proxecto , quen participa nel, como contactar,…
Teñen claro cal é o seu obxectivo: crear contidos para a rede en vez de ir de paseo por ela vendo o que outros fan.
Parten das tecnoloxías como obxecto de estudio, como ferramentas multimedia , explicándolles ós nenos o que é internet partindo dunha rede pola cal circulan imaxes, textos, vídeos, audio,… Aprenden ademais algo da linguaxe que utiliza distintos signos para transmitir significados.
Utilizan as tecnoloxías como recurso educativo , favorecendo aprendizaxes significativos , acordes con modelos constructivistas de aprendizaxe e permitindo unha maior interactividade.Pola súa función trátase dun medio de información que procede da producción e elaboración duns docentes.
As actividades que propoñen son variadas: colorear debuxos, secuenciar contos,…incluso crean E-contos participando nun foro de traballo on-line a través do cal unha editora publica os mellores textos seleccionados sobre un tema fixado previamente, se elixe unha ilustración que posteriormente se pinta.
Integran as NNTT como axente educativo a través de “WAP-GPRS-UMTS” que son unha serie de actividades que realizan co móvil con nenos de 9 anos : envíos de mensaxes desde o teléfono e internet , consultas a WAP, conexión vía GPRS.
Favorécese a socialización con unidades didácticas coma a de “Os piratas” na que se representa unha obra de teatro en inglés cun pirata e unha raíña como protagonistas.e se fomenta un diálogo interactivo co pirata virtual . Esa socialización inclúe tamén os pais dos alumnos que participan na ambientación, no vestiario , na grabación da música,…que conleva a representación da obra.
A escola e o sistema educativo non só teñen que ensinar as novas tecnoloxías , non so teñen que ensinar materias a través das novas tecnoloxías , senon que estas novas tecnoloxías , aparte de producir uns cambios na escola producen un cambio no entorno , e como a escola o que pretende é preparar á xente neste entorno ,se este cambia, a actividade propia das escolas ten que cambiar.
As vantaxes que presenta a utilización das NNTT no currículum son moitas: variedade metodolóxica, atención á diversidade, distintas situacións de traballo, interacción , motivación do alumnado, traballo individual e colaborativo, favorece a creatividade.
Pero ó mesmo tempo esixe unha preparación do profesorado tanto a nivel de coñecemento do software e hardware como dos uso didácticos do mesmo, un cambio de mentalidade de moitos docentes cara as novas tecnoloxías e un cambio metodolóxico ya que, varían o ritmo e secuencias de aprendizaxe.
Precísase, polo tanto, unha formación do profesorado que incluirá un coñecemento técnico dos programas e recursos, e un coñecemento pedagóxico do que representa incorporar estas tecnoloxías á práctica de ensino.A formación dos docentes ten que vincularse con:
-presupostos ideolóxicos e políticos subxacentes no cambio educativo que se pretende coa incorporación das NNTT á educación.
-configuración da cultura que debe transmitir a escola nun entorno no que as tecnoloxías están omnipresentes.
-co debate sobre o novo papel do profesorado como axente socializador.
-coa utilidade da presenza pedagóxica das novas tecnoloxías na sociedade.
Os currículums non poden seguir ensinando as mesmas cousas nin da mesma maneira.
Temos que revisar a educación. A escola debe ensinar á xente a desaprender, a aceptar que o que sabes non vale .Ten que crear unha actitude nova de renovación, de flexibilidade , de relativismo respecto de determinados coñecementos. O que ten que facer a escola é ensinar á xente a “aprender a aprender”.
Os mestres pasarán de puros transmisores de coñecementos a ser titores que cumplirán a función de ordenar a información, dirixir ós alumnos cara onde poidan atopala. Exercerán unha titoría direccional e de intermediario entre o alumno e os coñecementos que teñen que aprender. Incluso o papel de mediador pode ser insuficiente ou erróneo para o mestre, xa que a educación escapa ás “escolas” porque os nenos e os maiores tamén aprenden e fórmanse na vida cotiá, no fogar, na televisión, no traballo,…en internet. Os mestres deberán asumir os seguintes papeis:
-Consultores de información
-Colaboradores en grupo
-Traballadores solitarios
-Facilitadores
-Proveedores de recursos
-Supervisores académicos
En definitiva ,coa chegada das novas tecnoloxías , nin os currículums, nin os actores , nin as institucións poden seguir sendo os mesmos.
Interesante articulo, si bien, destacar en cuanto a su contenido tecnico sobre ciertas tecnologías, que desde mi punto de vista, son aun hoy dia unas autenticas desconocidas para los usuarios, desde el punto de vista de la funcionalidad que ofrecen. Estamos acostumbrados a oir terminología tecnica, pero no a conocer el ambito en el que actuan.
Mis felicitaciones a la autora del Blog, por su contribución con este articulo y por compartirlo con los demas internautas.