Publicidad:
La Coctelera

tecnoloxias

8 Enero 2007

A era das novas tecnoloxías

“Sociedade e novas tecnoloxías”.Categoría : bloque 1
¿Qué son as novas tecnoloxías?

As novas tecnoloxías son, según Manuel Area, “ sistemas e recursos para a elaboración, almacenamento e difusión dixitalizada de información , baseados na utilización de tecnoloxía informática “.
Cando falamos das novas tecnoloxías referímonos ás seguintes:
-Recursos multimedia: dispositivos de hardware e software que permiten presentar documentos nos que se combinan vídeo, gráficos, animación , imaxe, texto e son.

-Internet: un sistema mundial de redes de ordenadores que ofrece servizos como o correo electrónico, as listas de correo (usenet), transferencias de arquivos (FTP), IRC (chat),…
-Realidade virtual: simulación por ordenador, dinámica e tridimensional, con alto contido gráfico, acústico e táctil .
-Intelixencia artificial: área das ciencias computacionales encargada da creación de hardware e software que simule comportamentos intelixentes.
As características das novas tecnoloxías son:
-a dixitalización: a información convértese en bits (díxito binario) que é a unidade de información máis pequena que entende o ordenador .
-estructura ramificada: non segue un esquema fixo, móvense mediante vínculos.
-Interactividade: pechada ou aberta segundo a posibilidade de intervención do usuario
-Alto grao de iconicidade: trátase dunha representación da realidade.
-Rapidez de implantación
-Flexibilidade e versatilidade: a mesma tecnoloxía utilízase para gran variedade de cousas.
-Globalizadoras: conectan usuarios moi distantes.
-Non neutrais: responden ós intereses dos creadores e transmiten certos valores.

O papel das novas tecnoloxías na sociedade: “ A fenda dixital”
Atopámonos na sociedade da información, chamada así , xa que , a xeración, procesamento , manipulación e transmisión de información gracias as TIC é agora a actividade central e a principal fonte de productividade e poder. Esta sociedade xorde nos anos 70 e ten os seus pilares en tres sectores:
-economía, baseada no sector servicios, cada vez máis globalizada e centrada na especulación.
-política, dominada polo neoliberalismo que promove a reducción do poder do estado sobre os mercados e o desmantelamento do estado de benestar, recortes en gastos sociais, privatizacións,…
-cultura, centrada no control dos medios de comunicación, na imaxe, cibercultura,…
A información é a principal materia prima desta sociedade, é unha mercadoría que se compra e se vende.
Existen tres maneiras de entender as novas tecnoloxías:
-mirada tecnofílica(que só destaca os aspectos positivos das novas tecnoloxías:progreso social, felicidade,..),e tecnofóbica (que só destaca os aspectos negativos das novas tecnoloxías: desigualdade, deshumanización, consumismo, sedentarización,…)
-mirada descontextualizada , que só presta atención ós productos finais e non ós procesos e aspectos sociais que determinan os avances tecnolóxicos e que se relacionan con factores económicos e políticos ademais de culturais.

-mirada instrumental, que considera que os avances tecnolóxicos deben ser xulgados en base á súa posibilidade de favorecer o progreso social, identificándoo co progreso económico.
Estas miradas dificultan a análise crítica dos avances tecnolóxicos e favorecen a existencia de mitos sobre as TIC:
-mito da abundancia: pénsase que o poder acceder a moita información a través das TIC implica estar mellor informado , pero a abundancia pode producir desinformación se non hai capacidade de selección e análise .
-mito da transparencia: alto grao de iconicidade que permite que as NNTT fagan confundir a representación da realidade coa realidade mesma.
-mito da instantaneidade : as TIC permiten transmitir información en tempo real e de forma inmediata dende o outro extremo do planeta , o que nos pode facer pensar que esa información é realmente o que está pasando cando , a través da tecnoloxía o que vemos é unha representación desa realidade.
-mito da interactividade: as novas tecnoloxías permiten que o usuario se comunique co recurso tecnolóxico e tome decisións sobre a forma de acceder , manipular , transmitir e crear información . Pero , esta interactividade , ás veces, é máis pechada que aberta , xa que o usuario ten que seguir os pasos programados polo recurso limitándose a elixir entre as opcións do mesmo.
-mito da ubicuidade, a presenza cada vez máis habitual destas en tódolos ámbitos das nosas vidas aínda que non todos temos acceso a elas. Isto é precisamente no que nos imos centrar agora.
As novas tecnoloxías cumplen unha función globalizadora , xa que , permiten establecer relacións entre usuarios que poden estar moi distantes, favorecen a existencia do que moitos chaman “aldea global”. Pero,…¿favorecen a comunicación e o entendemento entre persoas e culturas respetando as diferencias ou pola contra, favorecen o dominio duns poucos e o control por parte dos poderosos?
As innovacións tecnolóxicas non chegan a tódolos ámbitos sociais nin territoriais por igual, ó mesmo tempo, o que fomenta aínda máis a desigualdade provocando o que se denomina “fenda dixital”, expresión que fai referencia ás diferencias socio-económicas entre aquelas comunidades que teñen Internet e aquelas que non. Trátase dunha cuestión de alcance non só tecnolóxico , senon político e social.
Hoxe en día , tódolos gobernos que presumen de innovadores contan con ambiciosos proxectos para permitir que todo o mundo teña acceso á sociedade da información , con iso pretenden reducir as diferencias entre as clases sociais dos países e a enorme distancia entre países ricos e pobres.
Pero o malo , non é que as diferencias existan , senon que a implantación total de Internet non ten por qué solucionar as desigualdades sociais , despois de todo, darlle a calquera neno africano(coma o do video)ou da rúa , un ordenador, non implica que saiba utilizalo.
Ademais o que a poboación máis pobre necesita non é un ordenador , senon unha mellor atención sanitaria , maior educación , vivendas , canalizar medios productivos para o seu sustento diario,…
Os gobernos deben entender que, Internet non é unha panacea que vai rematar coas desigualdades sociais.
As tecnoloxías non son as causantes directas das profundas transformacións do mundo, pero existe unha interacción entre as tecnoloxías e o contexto social en que se empregan.
Sen unha economía capitalista, unha sociedade de consumo e a hexemonía política e económica da cultura occidental dificilmente terían un avance tan fulgurante as tecnoloxías dixitais.
Conclusións:
As novas tecnoloxías presentan uns aspectos positivos e outros negativos.
Como positivos cabe destacar:
-Facilitan a comunicación sincrónica ou asincrónica entre persoas independentemente de situación espacial ou temporal.
-Acceso permanente a gran cantidade de información.
-Melloran a eficacia e calidade dos servizos.
-Posibilitan novas formas de actividade productiva.
-Posibilitan a superación dunha visión estreita e localista da realidade.
Como aspectos negativos temos:
-Obstaculizan o progreso cara un modelo social máis democrático e de equilibrio na distribución da riqueza material.
-Excesiva dependencia da tecnoloxía que provoca pánico ante un fallo dos ordenadores por virus ou ataques de ciberterrorístas.
-Aumento das desigualdades entre uns países e outros.
-O individuo pasa a ser o cliente , o usuario, pero hai colectivos que non teñen poder de consumo( mozos, parados,…).
-Perda da privacidade do individuo.

servido por M Dolores sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de M Dolores

tecnoloxias

Sada, España
ver perfil »
contacto »

Últimos comentarios

Fotos

M Dolores García Tomé todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera